O teu traballo ten moito valor.
Eu fago que a parte visual estea á altura, aforrándoche tempo e enerxía.

Deseño editorial e gráfico para equipos universitarios. Transformo documentos, datos e ideas en materiais profesionais listos para enviar.

A miña experiencia

Colaboro con equipos que entenden que o deseño non é un adorno, é parte do contido.

Traballo no deseño e maquetación de proxectos para a Universidade de Vigo, a Universidade de Santiago de Compostela e grupos de investigación con financiamento competitivo (ERC, autonómico e estatal).

O problema

Hai un patrón que se repite no ámbito universitario.

O contido é sólido. A argumentación é impecable. O esforzo investido é real. Pero cando chega o momento de presentalo, a forma non sempre acompaña ao fondo.

Non é falta de interese nen de profesionalidade. É que a investigación ten as súas propias urxencias e a parte visual queda a miúdo para "cando haxa tempo", pero ese tempo nunca chega.
O resultado é que a documentación non proxecta o nivel real do que representa.

O que resolvo

Todo o visual do teu proxecto, cun só interlocutor.

Maquetación de documentos: Memorias, monografías, informes. Entregas o contido, recibes un PDF listo para enviar, axustado ás normas da publicación..
Materiais gráficos: Pósters, portadas, dossieres e paneis interpretativos. Deseño pensado para o formato final: impreso, exposto ou publicado.

Deseño de presentacións: Para defender, convencer e comunicar. Deseñadas para que quen escoita siga o argumento sen esforzo.

Gráficos e infografías: Dos datos en bruto á figura lista para inserir. Con claridade, sen descifrar.

Web de proxecto: Funcionais, actualizables e coherentes co resto dos materiais. Listas cando a convocatoria o esixe.

Como traballo

Modo chave en man

Entregas o material en bruto. Recibes o resultado listo para usar. Sen que teñas que explicarme o contexto desde cero, sen coordinar varios provedores e con respecto estrito aos prazos das convocatorias.


Coñezo o ámbito universitario e entendo como funcionan as dinámicas, os prazos de acreditación e as esixencias dos comités en Galicia. Entro nun proxecto sen friccións.

Formas de traballar xuntos

Un proxecto, unha bolsa, ou algo intermedio. Falamos?

Proxecto: Traballamos nunha necesidade concreta: unha memoria, unha presentación, un congreso. Desde a idea ata o produto rematado, en modo chave en man.


Bolsa de colaboración continua: Ideal para necesidades recorrentes: asignas un orzamento e vas solicitando pezas, que se descontan segundo unha valoración previa. Inclúe unha folla de cálculo compartida para que teñas total transparencia do saldo en todo momento. Ti pides, eu produzo.


Falemos para ver que encaixa mellor contigo.

O que recebes ao traballar comigo

Deseño ao servizo do contido

O meu traballo é facer que o teu contido brille, non o meu estilo.

• Cero ego: O deseño está ao servizo do que o texto necesita comunicar, non ao revés.

• Acompañamento real: Estou contigo en todas as fases, desde a recepción do material ata a supervisión final.

• Prazos inamovibles: Respecto estrito das datas límite de convocatorias e acreditacións.

Coordenación fluida e liviana

Un fluxo de traballo pensado para che aforrar tempo e carga mental.

• Un só interlocutor: Esquéceste de xestionar varios provedores. Ti falas comigo, eu encárgome do resto.

• Correccións sen dor de cabeza: Concentro todos os comentarios nunha plataforma de xestión e sincronizo os cambios en PDF para minimizar erros.

• Tranquilidade total: Minimizo o esforzo de coordinación para que ti só teñas que preocuparte do contido.

Capacidade para proxectos complexos

Cando o proxecto o require, activo o meu equipo de confianza.

• Máis que deseño: Conto con colaboradores de confianza en impresión, fotografía, vídeo, corrección editorial ou redes sociais.

• Xestión integral: Podo entregar o proxecto completo, desde a idea ata o produto rematado.

• Modo chave en man: Mantendo sempre o control de calidade e a túa tranquilidade.

Para quen

→ Investigadores e grupos de investigación que necesitan presentar os seus datos, memorias ou congresos coa máxima profesionalidade.


→ Decanatos e estruturas de facultade que requiren comunicación institucional, informes de acreditación ou materiais para xornadas, sen complicacións de xestión.

Quen son

Son Ricardo Cabanelas. Levo anos (moitos) traballando con equipos de investigación, institucións públicas e editoriais.

Creo que o bo deseño non é o que chama a atención, senón o que non se nota: cando todo flúe, cando se entende á primeira, cando transmite seriedade sen esforzo. Iso é o que intento en cada proxecto.

O que contas é o que importa.
Como se ve, tamén.

© 2026 Ricardo Cabanelas

O que contas é o que importa.
Como se ve, tamén.

© 2026 Ricardo Cabanelas

O que contas é o que importa.
Como se ve, tamén.

© 2026 Ricardo Cabanelas