Condicións de subscrición
A continuación tes a información legal que debo facilitar por normativa. Aínda que non sexa o texto máis emocionante do mundo, prefiro explicalo de maneira clara e directa para que saibas exactamente como trato os teus datos.
Os teus datos non se cederán a terceiros salvo por obriga legal e manteranse mentres non solicites a súa supresión. Esta comunicación envíase ao abeiro da Lei 34/2002 de Servizos da Sociedade da Información.
Se nalgún momento desexas deixar de recibir correos, modificar a túa información ou exercer os teus dereitos de acceso, rectificación, portabilidade, oposición, limitación ou supresión, podes facelo escribindo a:
📧 contacto@ricardocabanelas.com
Indicando no asunto: “Baixa de comunicacións”.
Dito isto, a forma máis sinxela é a habitual: en todos os correos que recibas atoparás un enlace para darte de baixa cun só clic. Sen xiros nin complicacións.
Se consideras que o tratamento dos teus datos non se axusta á normativa, podes presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos (www.aepd.es).
Espero que non o fagas. Teño moito coidado co tratamento dos datos desta suscripción.
Agora que a parte formal está clara, só dicirche que nesta newsletter hai moito cariño.
O meu obxectivo é que as mensaxes que recibas che aporten valor real: ideas, criterios e ferramentas útiles para que os teus documentos transmitan coa mesma forza que o contido que escribes. Transmitir valor é o meu obxetivo. A aprendizaxe é mútua. As vosas respostas fan que aprenda e coñeza de xeito profundo (ainda mais) as vosas necesidades e así facer un mellor traballo.
Se en algún momento decides que non é o que precisas, poderás marchar sen máis. Sen rencores nen problemas.
E se escolles quedar, será unha alegría acompañarte.
Se estás lendo isto e ainda non estás dentro, ai vai o formulario: