Comunicación visual para facultades. Para que se vexa a mellora na calidade e o nivel do que se fai.

Documentos institucionais, presentacións, gráficos e materiais de comunicación. Resolución áxil. Entrega lista para usar.

O problema

As facultades xestionan comunicación en múltiples frontes ao mesmo tempo: memorias institucionais, presentacións de resultados, materiais para xornadas, informes para órganos de goberno, documentación de acreditación.

O habitual é que eses encargos cheguen con pouco tempo e sen un recurso interno dedicado a resolvelos.

O resultado é documentación que non está á altura do que representa — non por falta de contido, senón por falta de tempo e de quen o resolva.

O que fago

Traballo con decanatos e estruturas de facultade na parte visual da súa comunicación institucional.

Documentación institucional Memorias de facultade, informes de acreditación, documentación para órganos de goberno. Formato coherente, xerarquía clara, entrega en PDF lista para distribuír.

Presentacións institucionais Para rendir contas ante o rectorado, presentar a facultade a externos ou comunicar resultados en xornadas. Presentacións que proxectan orde e profesionalidade sen que ninguén teña que deseñalas desde cero.

Materiais de comunicación Gráficos, infografías e pezas visuais para xornadas, eventos ou comunicación interna. Coherentes coa identidade da facultade.

Como traballo

Modo chave en man

Recibes o resultado listo para usar sen ter que xestionar o proceso internamente. Traballo con prazos axustados e non necesito que me expliques o contexto institucional desde cero.

Un único interlocutor para todo o visual. Sen ter que coordinarse con varios provedores nin poñer ao día a ninguén de cada vez.

Traballo con profesionais e proxectos de:

  • Universidade de Vigo

  • Editoriais independentes

  • Departamentos culturais

  • Universidade de Santiago de Compostela

  • Grupos de investigación

  • Proxectos financiados a nivel autonómico e estatal

  • Equipos que necesitan claridade, fluidez e deseño continuado

Main Project Image
Main Project Image
Main Project Image
Main Project Image

Quen son

Son Ricardo Cabanelas, deseñador editorial e maquetador freelance. Levo anos (moitos) traballando con equipos de investigación, institucións públicas e produtoras culturais.

Se tes algunha dúvida ou consulta que facer sobre un proxecto futuro, contacta comigo via mail ou concerta unha cita en Calendly e falamos sen compromiso.

Bonus

Por chegar ata aquí :), teño unha cousa para ti

Teño unha checklist de verificación de documentos. É un documento de test que utilizo para detectar friccións ou incoherencias. Axuda a identificar friccións visuais que, sen seren erros formais, poden xerar máis preguntas das necesarias, atrasar validacións ou restar claridade a propostas ben formuladas.

Se queres recebela, envíame un correo co asunto "Checklist" e enviocha á volta de correo. Sen formularios, suscripcións ou cousas do estilo.

O que contas é o que importa.
Como se ve, tamén.

© 2026 Ricardo Cabanelas

O que contas é o que importa.
Como se ve, tamén.

© 2026 Ricardo Cabanelas

O que contas é o que importa.
Como se ve, tamén.

© 2026 Ricardo Cabanelas

Create a free website with Framer, the website builder loved by startups, designers and agencies.